Hoxe
lunsmarmérxovvensabdom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Novas
Ten dispoñibles para consulta 19 novas
31 05 2024 ​A ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA E O SALNÉS CONMEMORA EN COLABORACIÓN COA AECC O DÍA MUNDIAL SEN TABACO 2024 CON VARIAS INICIATIVAS DE CONCIENCIACIÓN

Haberá instaladas mesas informativas nos tres hospitais e nunha decena de centros de saúde

28 05 2024 A ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA-O SALNÉS E A FUNDACIÓN ANDREA HUMANIZAN ESPAZOS DAS URXENCIAS PEDIÁTRICAS DO HOSPITAL DO SALNÉS PARA AMENIZAR AS ESTADÍAS DE MENIÑOS E FAMILIARES

Incorporou novo mobiliario infantil, un monitor televisivo na sala de espera e outro segundo televisor con soporte móbil para desprazalo a diversas áreas de observación de Urxencias pediátricas e boxes

23 05 2024 A INICIATIVA 'MÚSICA EN VENA' CHEGA AOS HOSPITAIS DE DÍA DO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA AMENIZAR E MELLORAR AS ESTADÍAS DOS PACIENTES

O cantante de orixe brasileira Gustavo Almeida, pero afincado hai anos na cidade do Lérez, ofreceu esta mañá acompañado da súa guitarra dous micro concertos no Hospital de Día Oncolóxico e no Hospital de Día Médico do Hospital Provincial

16 05 2024 O CONSELLEIRO DE SANIDADE REMARCA A IMPORTANCIA DE ELIMINAR A BUROCRACIA NO TRABALLO DOS MÉDICOS PARA CENTRAR A ATENCIÓN NO PACIENTE

Gómez Caamaño detalla as que serán as liñas estratéxicas da Consellería para esta lexislatura, destacando que Galicia ten un sistema de saúde de moi alto nivel, “do que debemos estar moi orgullosos”

13 05 2024 ​UN EQUIPO DE ENFERMARÍA DA ÁREA SANITARIA LIDERA DENDE PONTEVEDRA UN PROXECTO EUROPEO PARA TRATAR FERIDAS CRÓNICAS CON AXUDA DE INTELIXENCIA ARTIFICIAL

'Icarewounds' é unha alianza con outros investigadores do ámbito sanitario procedentes de Italia, Polonia, Irlanda e Finlandia. O investigador principal é o enfermeiro José Manuel Rosendo Fernández, supervisor de Procesos e Coidados

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde