Hoxe
lunsmarmérxovvensabdom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Novas
Ten dispoñibles para consulta 26 novas
24 06 2024 A XUNTA ACEPTA A CESIÓN DUN TERREO POR PARTE DO CONCELLO PARA A CONSTRUCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE DE BECERREÁ

O Concello achega de xeito gratuíto unha parcela que supera os 2.600 metros cadrados para construír unha nova infraestrutura de atención primaria case catro veces máis ampla

24 06 2024 A XUNTA AUTORIZA A LICITACIÓN DAS OBRAS DO NOVO CENTRO DE SAÚDE DE VILAGARCÍA DE AROUSA, QUE SUPORÁ UN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 19 M€

O Goberno galego iniciará nos vindeiros días a contratación da actuación para iniciala este ano, cun prazo de execución de 24 meses

19 06 2024 ​O CENTRO DE SAÚDE DE MARÍN PROMOCIONA A CALIDADE DE VIDA CON INICIATIVAS DE FOMENTO DE HÁBITOS SAUDABLES

O museo municipal Manuel Torres acolleu unha xornada informativa sobre as accións levadas a cabo pola área de atención sociocomunitaria do centro de Atención Primaria marinense dentro do seu Plan Local de Saúde

18 06 2024 ​A XUNTA LICITARÁ NO VERÁN A REDACCIÓN DO PROXECTO DE CONSTRUCCIÓN DUN NOVO CENTRO DE ATENCIÓN PRIMARIA NO CONCELLO DE MEIS

O xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantivo hoxe no Hospital Provincial de Pontevedra unha xuntanza coa rexedora do Concello meisense. Construiráse un novo centro de saúde de 972 m², que substituirá ás actuais instalacións sanitarias

13 06 2024 ​O HOSPITAL DO SALNÉS ACOLLE A EXPOSICIÓN ITINERANTE DO 'V CONCURSO DE CARTEIS PARA ESCOLARES RELACIONADO COA DOAZÓN E OS TRANSPLANTES'

Con esta iniciativa, que permanecerá no centro hospitalario arousán toda a semana, o Sergas e ADOS, xunto coas Consellerías de Sanidade e de Educación, buscan achegar a realidade e beneficios dos transplantes á poboación escolar

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde