Hoxe
lunsmarmérxovvensabdom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Novas
Ten dispoñibles para consulta 8 novas
28 09 2023 A XUNTA COMEZARÁ O 19 DE OUTUBRO A UTILIZAR OS NOVOS ROBOTS CIRÚRXICOS DE TRAUMATOLOXÍA

Estes equipos rematan hoxe a súa instalación nos hospitais públicos de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela, e estarán a disposición de todos os pacientes de Galicia unha vez remate a formación dos profesionais encargados

28 09 2023 A ÁREA SANITARIA DE FERROL SERÁ SEDE DA ENTREGA DOS PREMIOS DE INNOVACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

O xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio Villanueva, salienta este avance durante a II Xornada de Innovación en Saúde da Área Sanitaria de Ferrol, que se está a celebrar esta tarde no Hospital Arquitecto Marcide do CHUF

28 09 2023 SANIDADE ACOLLE UNHAS XORNADAS PARA PROFESIONAIS E ESTUDANTES NAS QUE SE ANALIZARÁN AS CONDUCTAS ADICTIVAS

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, inaugurou hoxe a 24ª Escola de Outono da Sociedade Científica Española de Estudos sobre o Alcohol, o Alcoholismo e as outras Toxicomanías (Socidrogalcohol)

28 09 2023 A XUNTA INCREMENTA EN 750.000 EUROS A SÚA APOSTA POLA MEDICINA PERSONALIZADA DE PRECISIÓN

O Servizo Galego de Saúde incrementa o contrato-programa coa Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica entre 2023 e 2024 en preto de 750.000 euros, que se suman aos 7 millóns anuais que a Xunta xa tiña orzamentados para financiar esta Fundación

28 09 2023 MÁIS DE 1.200 NENOS INSCRIBÍRONSE NO PROGRAMA ALERTA ESCOLAR DO 061 AO LONGO DO PASADO CURSO ESCOLAR

O programa implantouse no ano 2007 para facilitar a atención inmediata e eficiente dos nenos que sofren patoloxías crónicas susceptibles de desencadear crises agudas potencialmente mortais

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde