Hoxe
lunsmarmérxovvensabdom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
Novas
Ten dispoñibles para consulta 43 novas
03 05 2023 ADOS CONVIDA A PROFESIONAIS E USUARIOS A PARTICIPAR HOXE NA CAMPAÑA DE DOAZÓN NO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO DE VIGO

A cidade olívica foi, no pasado ano, o municipio con maior número de doazóns de Galicia, acadando un total de 13.950

28 04 2023 ADOS PROMOVE UNHA NOVA CAMPAÑA ESPECIAL DE DOAZÓN DE SANGUE EN COLABORACIÓN CO LEYMA BÁSQUET CORUÑA

O clube coruñés está agasallando aos doantes da área sanitaria da Coruña e do local de doazón da Axencia no CHUAC, con dúas entradas para asistir ao partido da LEB Oro que enfrontará a este equipo co Albacete Basket, o vindeiro 1 de maio

27 04 2023 ​ADOS LEMBRA A IMPORTANCIA DE DOAR SANGUE NAS XORNADAS PREVIAS Á PONTE FESTIVA DO 1 DE MAIO

Cada día en Galicia precísanse 500 doazóns de sangue para que os hospitais galegos poidan desenvolver o seu intenso labor asistencial

24 04 2023 ADOS PROMOVE UNHA NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE EN COLABORACIÓN CON STELLANTIS VIGO, A EMPRESA ESPAÑOLA CON MAIOR PARTICIPACIÓN

A factoría viguesa, que acolle unha nova visita da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue os vindeiros 25, 26 e 27 de abril, acumula 72.470 doazóns de sangue desde o ano 1995

14 04 2023 ADOS E A ASOCIACIÓN DE ESTUDANTES DE MEDICINA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA COLABORAN NA CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitará maña sábado, 15 de abril, a Alameda de Santiago de Compostela, dentro das actividades previstas pola organización

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde