Hoxe
lunsmarmérxovvensabdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
Novas
Ten dispoñibles para consulta 50 novas
15 05 2023 ADOS E A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES AGASALLARÁN CUN LIBRO A TODAS AS PERSOAS QUE DOEN SANGUE O MARTES 16

Con esta iniciativa conxunta, a Axencia e o departamento de Cultura do Executivo galego, queren conmemorar a celebración do Día das Letras Galegas, ao tempo que fomentan o solidario xesto da doazón de sangue

10 05 2023 SANIDADE E A FEDERACIÓN GALEGA DE IRMANDADES DE DOADORES DE SANGUE COLABORAN NO FOMENTO DA HEMODOAZÓN EN GALICIA

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o presidente da Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue, Manuel Fonseca Gómez, renovaron o seu convenio anual

10 05 2023 A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE ACHEGA NOVAMENTE O SOLIDARIO XESTO DA DOAZÓN ATA O PARLAMENTO DE GALICIA

No transcurso das vinte campañas de ADOS desenvolvidas na cámara lexislativa galega, acadáronse un total de 507 doazóns de sangue

08 05 2023 ADOS ACADA 689 DOAZÓNS DE SANGUE NA SEGUNDA VISITA ANUAL DAS SÚAS UNIDADES MÓBILES ATA STELLANTIS VIGO

A factoría viguesa acumula 73.159 doazóns de sangue desde o 1995, ano no que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue iniciou as súas campañas de recollida de doazón nesta empresa

05 05 2023 ADOS E A IRMANDADE DE DOADORES DE SANGUE DA CORUÑA PROMOVEN UNHA NOVA EDICIÓN DO CONCURSO DE DEBUXO SOBRE A DOAZÓN NO XXVII DÍA DA CIENCIA NA RÚA

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desprazarase o sábado 6 de maio ata o Parque de Santa Margarita dentro das actividades previstas pola organización

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde