Hoxe
lunsmarmérxovvensabdom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930
Novas
Ten dispoñibles para consulta 50 novas
17 01 2024 O SERGAS REALIZOU 331 TRANSPLANTES EN 2023

A nosa Comunidade continúa cunha taxa de doazón que sobrepasa os 40 doantes por cada millón de habitantes, cifra recomendada pola Organización Nacional de Transplantes

12 01 2024 A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE INVITA Á CIDADANÍA GALEGA A DOAR NESTE PRIMEIRO MES DO ANO

As dez unidades móbiles de ADOS achéganse cada semana a máis de 40 concellos galegos co fin de abastecer dos suficientes compoñentes sanguíneos aos hospitais da nosa comunidade

27 12 2023 ​A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE REALIZA UN CHAMAMENTO Á DOAZÓN DE SANGUE DEBIDO A UNHA BAIXADA XENERALIZADA DAS RESERVAS

A maioría das reservas dos grupos sanguíneos amosan niveis baixos debido a un aumento das necesidades dos hospitais galegos, en especial o Cero Negativo

13 12 2023 A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE INVITA Á CIDADANÍA A DOAR NOS DÍAS PREVIOS ÁS FESTAS DO NADAL E DESTACA A NECESIDADE DE AUMENTAR AS DOAZÓNS DOS GRUPOS A POSITIVO E CERO POSITIVO

As unidades móbiles de ADOS estarán nesta semana en numerosas localidades galegas co fin de garantir o abastecemento de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos

05 12 2023 A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE E ASOTRAME DIVULGAN A DOAZÓN DE MEDULA ÓSEA CUNHA EXPOSICIÓN AO AIRE LIBRE NA SEDE DE ADOS, NO CAMPUS SUR DA USC

A mostra permite coñecer os pasos que hai que dar para converterse en doante e poñer cara a ex pacientes de cancro hematolóxico que seguen vivos grazas a un transplante de medula

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde