Hoxe
lunsmarmérxovvensabdom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
Novas
Ten dispoñibles para consulta 1201 novas
20 07 2024 XINECOLOXÍA DO CHUF DIXITALIZA O PARTOGRAMA E TEN HABILITADA UNHA CENTRAL DE MONITORIZACIÓN PERINATAL PARA O SEGUEMENTO DO PROCESO DE PARTO

Entre as melloras clave están unha maior seguridade de nai e feto; facilitar a atención ó parto por parte dos profesionais; e, igualmente, mellora o respecto da privacidade e confidencialidade da muller e do seu acompañante

19 07 2024 RESTABLÉCESE NA SÚA PRÁCTICA TOTALIDADE A OPERATIVIDADE INFORMÁTICA NOS HOSPITAIS E CENTROS DE SAÚDE DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE SEN REXISTRAR INCIDENCIAS DESTACADAS

Os sistemas de continxencia dos que dispón a Consellería de Sanidade permitiron garantir a atención urxente en todo momento

19 07 2024 A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE LEVA A CAMPAÑA “SOMOS OLÍMPICOS” ATA MEIRA

Este municipio foi o de maior índice de doazón na provincia de Lugo no pasado ano 2023, cunha participación de 51 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano

19 07 2024 ​A XUNTA LICITA POR PRETO DE 23 MILLÓNS DE EUROS O CONTRATO DE SUBMINISTRO DE SUTURAS MECÁNICAS CON DESTINO AOS CENTROS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

O expediente para adquisición de suturas cirúrxicas inclúe dispositivos, grampas e clips que permiten unións seguras e precisas, con menor risco de contaminación e redución dos tempos operatorios

18 07 2024 ​GALICIA LIDERA A EXCELENCIA SANITARIA TRAS SER RECOÑECIDA CON OITO GALARDÓNS NOS PREMIOS BEST IN CLASS

Os complexos hospitalarios da Coruña, de Santiago de Compostela e de Pontevedra acapararon os galardóns que recibiu a Sanidade galega nesta edición dos galardóns

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde