Hoxe
lunsmarmérxovvensabdom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
Novas
Ten dispoñibles para consulta 9 novas
07 12 2023 A XUNTA COLABORA NO DESENVOLVEMENTO DUN ESTUDO DE INVESTIGACIÓN DIRIXIDO A MELLORAR A SAÚDE DA POBOACIÓN GALEGA

O programa Cohorte IMPaCT recrutará en Galicia 12.000 persoas ás cales se lles realizará un seguimento ao longo de 20 anos mediante a realización de enquisas de saúde, probas físicas e toma de diversas mostras cada 5 anos, aproximadamente

07 12 2023 XUNTA E UNIVERSIDADE DE VIGO ASINAN UN CONVENIO PARA ESTENDER O USO DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS Á DOCENCIA DO MÁSTER EN ENXEÑARÍA BIOMÉDICA

O Executivo galego investirá unha partida de 75.134 euros para a creación e o mantemento da figura de coordinador do ámbito na Enxeñaría Biomédica, durante os vindeiros catro anos

07 12 2023 A XUNTA INVISTE MÁIS DE 5,5 MILLÓNS DE EUROS EN ACTUALIZAR E AUMENTAR O MOBILIARIO DE HOSPITALIZACIÓN DA REDE SERGAS

O equipamento debe cumprir unha serie de características especiais para o confort de pacientes, a seguridade e a operatividade para a realización de probas diagnósticas e tratamentos

07 12 2023 ​A XUNTA PRORROGA O CONVENIO COA ASOCIACIÓN DE ENFERMOS DE RIL (ALCER) PARA O TRASLADO DE PACIENTES AOS CENTROS DE HEMODIÁLISE NA PROVINCIA DE LUGO

O Consello da Xunta autorizou esta mañá a prorroga deste acordo, ao que a Administración galega destina preto de 700.000 euros

07 12 2023 SANIDADE FAI UN CHAMAMENTO Á CIDADANÍA PARA QUE SE VACINE DA GRIPE E DA COVID ANTES DE QUE REMATE O ANO

O día 9 deste mes remata a vacinación da gripe e da covid nos grandes recintos, continuando a inmunización nos hospitais e centros de saúde

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde