Hoxe
lunsmarmérxovvensabdom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Novas
Ten dispoñibles para consulta 1150 novas
25 09 2023 GALICIA COMEZA A INMUNIZAR AOS BEBÉS CONTRA O VIRUS RESPIRATORIO SINCITIAL

Desde a xornada hoxe, Sanidade vacinará a todos os nenos e nenas que nazan nos hospitais galegos, e comezará a citar aos nenos prematuros -nados desde o 1 de outubro-, así como a rapazada con patoloxía de alto risco -menores de 24 meses-

25 09 2023 O 061 DE GALICIA ASISTIU 58 PERSOAS POR 47 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA

Desde as 15,00 horas do venres, 22 de setembro ata as 23,59 horas do domingo, 24 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 63 chamadas por accidentes de tráfico

24 09 2023 ​AS UNIDADES DE MEDICINA NUCLEAR E DIAGNÓSTICO POR IMAXE DO SERGAS RECIBEN O RECOÑECEMENTO HISTÓRICO TRAS 20 ANOS CONSECUTIVOS COA CERTIFICACIÓN ISO 9001

A unidade de Diagnóstico por Imaxe e de Medicina Nuclear de Ourense foron as primeiras unidades asistenciais do SERGAS en obter esta certificación de calidade

23 09 2023 COMEZAN ESTE LUNS NA ÁREA SANITARIA DE FERROL AS VACINACIÓNS DA GRIPE E DA COVID NOS CENTROS SOCIOSANITARIOS E DO VIRUS SINTICIAL NOS MÁIS PEQUENOS

Abre a campaña de vacinación de gripe e Covid da Dirección Xeral de Saúde Pública coa administración da vacina nos centros sociosanitarios. Na Área Sanitaria de Ferrol, empeza polo centro de Caranza, na mañá do luns

23 09 2023 ​O SERGAS, PREMIO Á EXCELENCIA DO SISTEMA SANITARIO, NO II ENCONTRO NACIONAL DE XESTIÓN, FINANCIAMENTO E ACCESIBILIDADE AOS NOVOS MEDICAMENTOS E TERAPIAS

O director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, recolleu en Valencia un galardón no que se recoñece o funcionamento do sistema sanitario público galego

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde