Hoxe
lunsmarmérxovvensabdom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930
Novas
Ten dispoñibles para consulta 1103 novas
25 03 2024 ​O 061 DE GALICIA ASISTIU 41 PERSOAS POR 37 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA

Desde as 15,00 horas do venres, 22 de marzo ata as 23,59 horas do domingo, 24 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 45 chamadas por accidentes de tráfico

24 03 2024 CONTINÚA A TENDENCIA DESCENDENTE DA TUBERCULOSE EN GALICIA

A nosa comunidade rexistrou durante o ano 2022 un total de 308 casos desta enfermidade, e os datos provisionais de 2023 reflicten a continuidade desta tendencia decrecente

23 03 2024 GALICIA DESTACA A NIVEL NACIONAL NAS COBERTURAS ACADADAS NA CAMPAÑA DE VACINACIÓN DA GRIPE E A COVID

As coberturas de vacinación fronte á covid sitúanse en todos os tramos de idade en Galicia moi por riba da media nacional, chegando nalgúns grupos a ser de 23 puntos máis

22 03 2024 O HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE, Á VANGARDA NACIONAL NO MANEXO DA CIRURXÍA ROBÓTICA EN CANCRO DE MAMA

A unidade de cirurxía de mama do CHUO utiliza a cirurxía robótica para a realización de mastectomías con reconstrución mediante prótese mamaria

22 03 2024 COMESAÑA VISITA O CENTRO DE PROTONTERAPIA DE LOVAINA, CON CARACTERÍSTICAS SIMILARES AO QUE SE ESTÁ A CONSTRUÍR EN GALICIA

O conselleiro de Sanidade en funcións mantivo unha reunión centrada en detalles derivados do avanzado estado do proxecto galego, o máis avanzado dos que se están a desenvolver en España co financiamento dos equipos por parte da Fundación Amancio Ortega

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde