Hoxe
lunsmarmérxovvensabdom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
Novas
Ten dispoñibles para consulta 556 novas
03 06 2019 O SERGAS CONVOCA AS OPOSICIÓNS PARA 354 PRAZAS EN DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL LICENCIADO SANITARIO DE ATENCIÓN PRIMARIA E 772 PRAZAS DE AUXILIARES DE ENFERMERÍA

Do total de prazas das diversas categorías de persoal licenciado sanitario, 254 ofértanse para médico de familia, 93 para pediatra de atención primaria e 7 para odontólogo de atención primaria

31 05 2019 O HOSPITAL DE VERÍN CONMEMORA O SEU VINTECINCO ANIVERSARIO

Inaugurado en xaneiro de 1994 foi o primeiro hospital posto en marcha polo Sergas e supuxo un investimento de 2.000 millóns de pesetas

31 05 2019 A BIBLIOTECA DO CHUF CELEBRA O DÍA MUNDIAL SEN TABACO E CAMBIA LIBROS POR CIGARROS: ROMPE CO TABACO E PASA PÁXINA

Profesionais da Biblioteca do Complexo situaron unhas mesas nas que invitaban ós fumadores a romper tabaco e, a cambio, dábanlle un libro

31 05 2019 COÑECES A ESQUIZOFRENIA? PROFESIONAIS DE SAÚDE MENTAL AMOSAN NA SESIÓN CLÍNICA MENSUAL O SEU MODELO DE ATENCIÓN INTEGRAL

Esa sesión afondaba na esquizofrenia, nas aptitudes dos profesionais sanitarios ante doentes cun trastorno mental grave, e en como se estrutura a rede de saúde mental, concretamente a área de Rehabilitación Psicosocial

31 05 2019 SANIDADE AVANZA NA CREACIÓN DUN PROCESO INTEGRADO PARA A ATENCIÓN DOS PACIENTES DE CROHN E ENFERMIDADES INFLAMATORIAS INTESTINAIS

Ourense destaca polo grao de integración con protocolos de consenso no manexo de pacientes, e-interconsulta e plena accesibilidade a probas por parte dos especialistas de primaria

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss