Hoxe
lunsmarmérxovvensabdom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031
Novas
Ten dispoñibles para consulta 562 novas
20 10 2020 SANIDADE COMEZA OS CRIBADOS PERIÓDICOS CON MOSTRAS DE SALIVA DOS TRABALLADORES DAS RESIDENCIAS SOCIOSANITARIAS

Con este cribado sistemático nas residencias galegas conseguirase a detección de persoas asintomáticas e, con elo, a prevención e vixilancia da infección ocasionada pola covid-19 e a toma de decisións adaptadas á realidade de cada centro

20 10 2020 GALICIA REXISTRA UN TOTAL DE 5.215 CASOS ACTIVOS POR CORONAVIRUS

Un total de 23.812 pacientes xa están curados

19 10 2020 OS SERVIZOS DE URXENCIAS DOS HOSPITAIS DO SERGAS COMEZAN A FACER TEST DE ANTÍXENOS

Trátase dunha técnica para realizar no mesmo punto da atención sanitaria tras a toma da mostra, cun procedemento sinxelo, e proporciona un diagnóstico rápido que permite realizar as accións de control de forma inmediata

19 10 2020 O SERGAS ATENDEU DURANTE 2019 A 5.187 MULLERES A TRAVÉS DA VÍA RÁPIDA DE CANCRO DE MAMA, CUN TEMPO MEDIO DE ESPERA DE 4,5 DÍAS E UN 93% DOS TUMORES DETECTADOS EN ESTADO PRECOZ

Durante todos estes meses de pandemia provocada pola covid-19, o departamento sanitario galego tivo, como unha premisa básica, manter a actividade das vías rápidas oncolóxicas, e garantir o seu tempo máximo de espera

19 10 2020 O COMITÉ DE TUMORES DE MAMA DO CHUF VALOROU UN TOTAL DE 1.391 CASOS Ó LONGO DO PASADO ANO 2019

Na Área Sanitaria de Ferrol, existe un Comité de Mama dende o ano 2003; e, tamén, unha vía rápida para a atención a este tipo de cancro que atendía 341 casos no pasado ano 2019

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss