Hoxe
lunsmarmérxovvensabdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
Novas
Ten dispoñibles para consulta 1117 novas
27 05 2024 ​O 061 MELLORARÁ A ASISTENCIA Á PARADA CARDIORRESPIRATORIA COA INTEGRACIÓN DO REXISTRO ARIADNA E AS INDICACIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR GUIADA

Desde a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 poderá chamarse por teléfono, directamente, aos voluntarios inscritos no Rexistro Ariadna para que apliquen o desfibrilador semiautomático externo máis próximo e á maior brevidade

27 05 2024 ​A SANIDADE PÚBLICA GALEGA CONVÉRTESE NA PRIMEIRA DE ESPAÑA EN CERTIFICAR TODOS OS SEUS SERVIZOS TECNOLÓXICOS SEGUNDO O ESQUEMA NACIONAL DE SEGURIDADE

A Xunta acredita a ciberseguridade da historia clínica, a xestión dos recursos humanos e oposicións, a información da tarxeta sanitaria ou servizos á cidadanía, como a cita previa ou a prescrición farmacéutica

27 05 2024 PROFESIONAIS DO CENTRO DE SAÚDE DE FENE E DE NARÓN OFRECEN PÍLULAS INFORMATIVAS SOBRE A SAÚDE DA MULLER

Pola conmemoración do Día Internacional de Acción pola saúde das mulleres, colaboran co Concello de Fene, e, a estas pílulas informativas diarias en Radio Fene, súmase unha andaina polo paseo marítimo de San Valentín, martes, ás 11:00

27 05 2024 PRETO DE 1 MILLÓN DE EUROS PARA ESTUDAR O IMPACTO TERAPÉUTICO DA MÚSICA

O proxecto EUTERPE_adn ven de acadar financiamento da Unión Europea para estender Sensoxenoma a Portugal

27 05 2024 O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE FORMA ACTUALMENTE 29 RESIDENTES DE ENFERMERÍA ESPECIALISTAS EN SAÚDE MENTAL PARA FOMENTAR A CONTINUIDADE ASISTENCIAL DOS PACIENTES

​O director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva, interveu na inauguración da IV Xornada galega de enfermería de saúde mental organizada pola Asociación Española de Enfermería de Saúde Mental

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde