Hoxe
lunsmarmérxovvensabdom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930
Novas
Ten dispoñibles para consulta 1104 novas
15 04 2024 A XUNTA INVISTE 9,1 M€ NA CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE SANITARIO TERRESTRE NON URXENTE E HOSPITALARIO URXENTE DA ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA E O SALNÉS

Recóllese un aumento moi significativo tanto de medios humanos como materiais, xa que se pasa de 38 a 43 vehículos e de 72 a 79 condutores

15 04 2024 A XUNTA DESTINA 3,5 M€ Á OBTENCIÓN DE MEDICAMENTOS ELABORADOS A PARTIR DE PLASMA SANGUÍNEO PARA TRATAR A HEMOFILIA E ENFERMIDADES AUTOINMUNES

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue garante os máis altos estándares de calidade e seguridade neste tipo de medicamentos elaborados a partir de plasma

15 04 2024 A XUNTA ACEPTA A CESIÓN DUN TERREO NO CONCELLO DE PONTEAREAS PARA CONSTRUIR O NOVO CENTRO DE SAÚDE DA LOCALIDADE

O novo centro de saúde permitirá ampliar o número de consultas de Medicina Xeral e Enfermería, incorporar consultas de docencia MIR e EIR, duplicar o número de salas polivalentes, e integrar a base do 061 no mesmo edificio

15 04 2024 A XUNTA DESTINA MÁIS DE 24 MILLÓNS DE EUROS A ADQUISICIÓN DE BOMBAS DE INFUSIÓN, NUTRICIÓN E MEDICACIÓN PARA OS CENTROS SANITARIOS DO SERGAS

Trátase da primeira contratación centralizada do Servizo Galego de Saúde neste tipo de material, o que suporá un aforro estimado do 11 % (601.414 euros/ano)

15 04 2024 ​O 061 DE GALICIA ASISTIU 52 PERSOAS POR 46 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA

Desde as 15,00 horas do venres, 12 de abril ata as 23,59 horas do domingo, 14 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 64 chamadas por accidentes de tráfico

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde