Hoxe
lunsmarmérxovvensabdom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
Novas
Ten dispoñibles para consulta 555 novas
02 07 2019 17 centros de Saúde da Área Sanitaria de Santiago rexistran dende esta semana o documento de instrucións previas que recolle o testamento vital

O obxectivo é facilitarlle á poboación a realización do documento de últimas vontades para deixar constancia de como cada quen quere que se actúe ao final da súa vida no caso de que xa non teña plenas facultades nin capacidade para decidir

02 07 2019 PROFESIONAIS DE CARDIOLOXÍA ENTREGAN Á COCIÑA ECONÓMICA DE FERROL PARTE DOS BENEFICIOS DUNHA PUBLICACIÓN SOBRE ELECTROCARDIOGRAFÍA

Os autores son o especialista en Cardioloxía do CHUF, Emiliano Fernández-Obanza; e a profesional de enfermaría do CHUVI, María Blanco Vidal

01 07 2019 O SERGAS PRESTARÁ ASISTENCIA SANITARIA AOS 330 NENOS SAHARAUÍS QUE PASARÁN O VERÁN EN GALICIA CO PROGRAMA VACACIÓNS EN PAZ

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, entregou esta mañá os documentos acreditativos da cobertura asistencial dos rapaces aos responsables da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

01 07 2019 PSIQUIATRÍA DO CHUF PREMIO Á MELLOR COMUNICACIÓN ORAL NO 16 SIMPOSIO NACIONAL SOBRE TRATAMENTO ASERTIVO COMUNITARIO

alorouse un traballo descritivo de seguimento dos pacientes a tratamento no Equipo de Tratamento Asertivo Comunitario (ETAC) da área sanitaria de Ferrol, así como o seu nivel de resolución ó segundo e ó quinto ano

01 07 2019 O PERFIL DO CONTRATANTE PUBLICA A OBRA DO EDIFICIO DE MARINERÍA DO HOSPITAL NAVAL DO CHUF, UNHA DAS ACTUACIÓNS PREVIAS DO PLAN DIRECTOR

A actuación sobre este edificio na entrada do recinto do Hospital Naval, é necesaria para liberar espazos do Hospital Arquitecto Marcide para a posterior activación da Fase 1

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss