Hoxe
lunsmarmérxovvensabdom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930
Novas
Ten dispoñibles para consulta 1096 novas
18 04 2024 UN TOTAL DE 25 PERSOAS ESTREABAN AS ANDAINAS SAUDABLES ORGANIZADAS POLO PERSOAL SANITARIO DO CENTRO DE SAÚDE DE PONTEDEUME

Un día á semana, maioritariamente mércores, entre as 11:30 e as 12:30, o equipo conformado por enfermeiro especialista, nutricionista e fisioterapeuta, realizarán andainas con todo aquel que queira e se presente no centro de saúde

17 04 2024 PSIQUIATRÍA DO CHUO E DO HOSPITAL FRANCÉS DE CADILLAC INTERCAMBIAN EXPERIENCIAS NA ATENCIÓN AOS PACIENTES

É a primeira xornada que se celebra en Ourense tras a sinatura dun convenio de colaboración para establecer un marco de aprendizaxe entre as dúas institucións e un intercambio de profesionais en formación entre ambos hospitais

17 04 2024 A XUNTA APOIA A PROMOCIÓN DA SAÚDE E A PREVENCIÓN NA II CARREIRA SOLIDARIA COSTA ÁRTABRA

A unidade VIHxía móbil, posta en marcha como programa piloto pola asociación CASCO e a Consellería de Sanidade, estará situada na meta da proba para realizar tests rápidos e divulgar información sobre enfermidades de transmisión sexual

17 04 2024 A REDE GALEGA DE PROMOCIÓN DA SAÚDE E QUÉROTE+ COLABORAN PARA ACHEGAR Á SOCIEDADE FERRAMENTAS PARA LEVAR ESTILOS DE VIDA SAUDABLES

A Consellería de Sanidade está a reunirse cos centros Quérote+ a nivel local para preparar actividades en común

16 04 2024 ​GALICIA SITÚASE COMO A TERCEIRA COMUNIDADE AUTÓNOMA CON MELLORES DATOS DE LISTAS DE ESPERA PARA CIRURXÍAS

O tempo medio de espera en Galicia sitúase en 67 días, oito menos que hai un ano, e 61 por debaixo da media española (128 días)

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde